viernes, 1 de septiembre de 2017

Non hai luz sen escuridade de Andrea Barreira Freije

(Podes leer esta reseña en español pulsando aquí)

Benvidos á miña biblioteca, son Arconte e hoxe traiovos unha nova reseña.

Ben, ben, estamos no tramo final. As vacacións acabaranse e comezará o regreso á rutina. Ninguén o quere, pero tampouco se pode evitar.

Teño noticias. Para os que me seguen nas miñas redes sociais non hai nada novo, pero fai pouco puiden obter unha colaboración con Urco Editora (@urcoeditora en twitter).

Esta editorial céntrase en traducir literatura fantástica e de terror ao galego, que é unha linguaxe que é preciosa para estes xéneros.

Pois ben, recibín moitos libros marabillosos que vou reseñar nos meses vindeiros.

Outra novidade é que a partir de agora tódolos libros en galego terán a súa reseña en ámbolos dous idiomas: en castelán e galego.

Sí, gustame traballar cousa mala. (Eu son así me encanta contarvos a miña vida).

Nesta ocasión revisaré Non hai luz sen escuridade de Andrea Barreira Freije.
                                                                         

Título: Non hai luz sen escuridade

Autor: Andrea Barreiro Freije

Editorial: Urco Editora

Encadernación: Tapa branda

Número de páxinas: 194 páxinas

ISBN: 978-84-15699-68-2

Prezo: 12 €

Sinopse

No mundo de Lea só hai escuridade e frío, non hai lugar para a luz ou a calor. Para una feiticeira das tebras non hai outra opción, e menos cando se é filla dos Señores da Noite. Para desenvolver ao máximo os seus poderes, terá que ir na procura dun dragón que debe domar. Acompañada dun corvo teimudo e una loba que é a súa sombra, internarase nun camino cheo de claroscuros no que atopará o que máis teme: a si mesma.


Opinión persoal

Non hai luz sen escuridade foi un dos libros que me chamou máis a atención a primeira vista.

Encántanme as historias de busca nas que o protagonista ten que atopar algo a través dunha longa viaxe sempre pragada de dificultades e probas que deben superar.

Esa foi a razón para comezar a ler este libro.

Con todo, aínda que me gustou, non funcionou como esperaba.

Comezarei cos personaxes:

Lea é a protagonista, unha feiticeira, filla dos poderosos Señores da Noite (é a maxia negra) que está enxaulada no gran castelo e sente que se lle nega a elección. Ten un camiño a percorrer que marca o seno da familia na que naceu. Ela para alcanzar o seu máximo poder debe emprender unha viaxe en busca do seu dragón e domesticalo para converterse nunha feiticeira completa.

O corvo e o loba son os animais que acompañan a Lea e durante a historia non parecen máis que unha axuda narrativa.

Sarxa, sen dúbida un dos meus personaxes favoritos, é unha fada que coñece a Lea case ao comezo da súa viaxe. Aínda que se supoñía que a raptaba, ela finalmente converteuse en amiga de Lea e unha das contrapartes da súa maxia escura.

Eume, un druida que Lea coñece durante a aventura e que eventualmente converterase no seu mentor e mostraralle os segredos da maxia branca.

A historia é boa, xa dixen, e si, é unha historia de busca. Pero, ¿por qué non resultou como se esperaba?

Ben, en primeiro lugar, carece dun camino e quero dicir que Lea (especialmente ao principio) parece estar teletransportandose dun lado a outro. Unha das cousas que máis me fai gozar dunha historia na que o personaxe ten que chegar a un punto específico é o camiño. Entendo que a acción está nos lugares que visita, pero ao principio do libro sentín que non estaba nunha viaxe. Parecía un ascensor. Parar no piso que necesitaba, pasar por el e volver ao ascensor para subir ao seguinte piso.

Este efecto desaparece un pouco a métade do libro onde mestura ese efecto nalgúns capítulos con outros que son de puro camino.

Outro problema que vin foi Lea. Como personaxe Lea é un bo personaxe, ademais de moi torturado.

O problema que vexo a Lea é que a súa forma de ser non ten un desenvolvemento real: aumenta o seu poder, pero non crece como persoa.

Segue sendo unha protagonista moi torturada durante toda a historia para replantearse e cambiar ao final.

Pero tampouco só me vou queixar.

Para comezar o mundo de Non hai luz sen escuridade é unha marabilla. É un universo cheo de contrastes, onde a autora parece xogar co máis escuro da mente e cos raios de luz que xorden nas sombras.

Hai tamén poucas relacións, pero están moi ben pensadas. Sobre todo entre Lea e Eume, que crea unha especie de amor paterno que me encantou.

O ritmo de desenvolvemento é moi bo e imposible de perder.

É unha alegría o sinxelo que podes mergullarte neste mundo e ver como se desenvolve a historia.



Nota Final:
           4/5
    IMPRESCINDIBLE


Non hai luz sen escuridade é un bo libro. Ten un par de defectillos que unha vez te introduces de cheo na historia pasan a un segundo plano.

É unha historia cunha boa intensidade, emocionante e cargada de maxia.

Invítote a acompañar a Lea na procura do dragón e cando o atopes remenbra pasarte polas miñas redes sociais:

Twitter: @JorgeSuarezArco


Facebook: Jorge Suarez


Instagram: jorgesuarez_arconte

Tamén invítovos a pasaros pola páxina Web de Urco editora que ten un catálogo marabilloso de obras en galego, pulsando aquí.

Oxalá os gustase e espero volver a veros baixo as luces da miña biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario