viernes, 8 de septiembre de 2017

A praga escarlata de Jack London

(Pódes leer esta reseña en español pulsando aquí)

Benvidos á miña biblioteca, son Arconte e hoxe tráiovos unha nova reseña.

Xa está, moitos comenzáchedes as clases, o traballo e como xa dixera anteriormente.

A rutina.

¿E agóra que imos facer para liberarnos? Pois coma sempre coller un bo libro é disfrutar lendo.

A mín ainda quédanme uns cantos días libres, pero por suposto: seguiré lendo e facendo reseñas no blog. (Eu son así encántame contaros a miña vida).

Moi ben, pois hoxe e o turno de A praga escarlata de Jack London.

Máis coñecida en español polo nome La peste escarlata.

Imos aló:
                                                     
     
Título: A praga escarlata
Autor: Jack London
Editorial: Urco Editora (@urcoeditora en twitter)
Encadernación: Tapa branda
Número de páxinas: 102 páxinas
ISBN: 978-84-15699-84-2
Prezo: 10 €



                               Sinopse

Nun futuro non moi afastado, a humanidade vese arrasada por unha praga mortal. Os poucos sobreviventes viven nun estadio primitivo, como hai miles de anos. O profesor James Howard Smith é o único que queda vivo das poucas persoas que experimentaron e sobreviviron aos tempos daquela peste, e na súa vellez, conta aos seus tres netos como foi a caída da civilización occidental por mor da praga escarlata.

                                                      Opinión Persoal

Que casualidades da vida. Cando empezei a leer A praga escarlata non me di conta e tardei un bo rato en percatarme de que: ¡Xa lin este libro! Concretamente a versión española.

Habelo lido de novo pareceme un bo momento para reseñar un libro que se perdeu nos recunchos da miña mente.

É moi difícil falar deste libro, sobre todo porque é un clásico.

Para empezar non é unha novela propiamente dita. É más ben un libro de relatos no cal a historia que poderiamos chamar principal dura unhas pocas páxinas.

A praga escarlata está ambientada no 2072. A humanidade foi destruida por unha pandemia en 2013 e quedou reducida a uns poucos grupos e tribus que voltaron a un estadio máis primitivo.

James Howard Smith é un sobrevivente daquela pandemia e conta aos seus netos como era todo antes do fin para intentar transmitir os valores e principios anteriores ao apocalipsis. Pero é ridiculizado constantemente por eles, que non son capaces de concibir que algo así sexa posible e só creen que son os desvaríos de seu ancián avó.

Envelleceu bastante ben y poderia colar coma un libro escrito fai pouco.

Pero… iso, está ben.

Máis ala da carga moral da historia non hai moito máis por ver.

Coma a primeira vez que o lin, a trama pareceume un pouco froxa, cun ritmo lento e unha trama pouco definida.

Tampouco quero pasarme coa crítica, é un clásico e falar del da un pouco de cousa.

Quizá e que no fondo non chego a comprender o significado real da historia.

A miña nota final:


        3´5/5
         BÓ

A praga escarlata e un libro complicado de reseñanar, polo clásico que xá é.

Se ben no é malo, eu podo leélo e botar a tarde pero pouco máis. Quizá se fora un libro máis longo fose mellor.

A pesar diso, é un libro que recomendaría que lle botarades unha ollada.

Quizá lle atopedes un encanto que eu non dou collido.

Eso sí en galego pareceume lixeiramente mellor.

Grazas a Urco editora polo libro e se a praga escarlata regresara sobreviviremos todos no búnker das miñas redes sociais:

Twitter: @JorgeSuarezArco


Facebook: Jorge Suarez


Instagram: jorgesuarez_arconte


Tamén invítovos a pasaros pola páxina Web de Urco editora que ten un catálogo marabilloso de obras en galego, pulsando aquí.

Oxalá os gustase e espero volver a veros baixo as luces da miña biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario